Skip to main content
Samos

Samos celebra a súa festa de Entroido o vindeiro martes, 13 de febreiro, con diversas actividades

Por 7 Febreiro, 2024Febreiro 8th, 2024Sin comentarios

O Concello de Samos celebrará a súa festa de Entroido o vindeiro martes, 13 de febreiro, baixo unha cuberta do campo da festa, durante todo o día, xa que comezará a xornada coa visita da Furgoteca de 11.00 a 12.30 horas.

Durante a visita, contarase con Yolanda Álvarez para que presente o seu libro ‘O Misterio do Tulipán’, incluíndo un contacontos musical. Ademais, haberá pintacaras e un sorteo dunha taza da Furgoteca entre os nenos e nenas que vaian disfrazados.

A partir das 12.30 e ata ás 14.30 horas, os veciños e veciñas de Samos poderán desfrutar dunha sesión vermú coa música da Charanga Son do Faro Brass e durante toda a mañá terá lugar o concurso de disfraces para os nenos e nenas do municipio, que rematará cun sorteo de agasallos.