Skip to main content
Samos

Samos contará con case 300.000 euros do Plan Deputación para mellorar o municipio

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Plan Deputación destina este ano un total de 282.000 euros ao Concello de Samos, dos que 153.142,38 euros dedicaranse a facer obras para mellorar vías e caminos rurais do municipio, como a pavimentación de acceso a Foxos, a Lourido Pequeño e á Balsa, e nos núcleos de Formigueiros, Lamartín, Vilar do Real, Lastres, Nande, Freituxe, Castroncán, San Cristovo, A Balsa, Santalla de Arriba e Santalla de Abaixo; estes últimos como obras de administración.

Por outra parte, o Servizo de Axuda no Fogar tamén ten unha partida designada de case 13.000 euros e hai unha partida para o programa de reforzo do emprego, a contratación de dous condutores de tractor, dous peóns de servizos múltiples, dous limpadores, dous coidadores das vivendas comunitarios e dun informador turístico.

Con respecto ás actividades culturais, a Festa dos Maiores contará cunha partida de 2.500 euros para o seu desenvolvemento e outros 5.100 estarán reservados para a contratación de actuacións teatrais e musicais. Por outra banda, tamén haberá unha reserva de 2.900 euros para apoiar o deporte local e organizar o torneo de fútbol sala, así como a feira da Ponte de Lóuzara e a feira de artesanía de Samos contarán, ámbalas dúas, con 2.000 euros.