Skip to main content
Samos

Varias actuacións leváronse a cabo no Concello de Samos para beneficiar á veciñanza

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Samos vén de levar a cabo melloras en varias zonas do municipio, coa reparación da varanda da ponte que leva a Sancovade, en Teiguín; as melloras na pavimentación da vía de aceso a Frexulfe, en Lóuzara; e a construción dunha rampla accesible na entrada da casa consistorial e arranxo da parede da praza do Concello.

Con respecto á primeira das melloras, a da varanda, desde o Goberno local sosteñen que levaba “moitos anos en mal estado, polo menos desde 2010, polo que era unha demanda histórica que nós, estando na oposición, xa pedíramos, e esteticamente era horrible ter iso así, máis estando no Camiño de Santiago”, defende a alcaldesa.

Pola súa parte, a mellora na pavimentación da vía de aceso a Frexulfe, en Lóuzara, fíoxse a través do Plan Mellora de Camiños Rurais 23-24, solicitado e executado a través do Concello co fin de beneficiar aos veciños e veciñas que transitan por esa estrada.

E, por último, a rampla de acceso á casa do Concello instalouse para eliminar barreiras arquitectónicas que dificultan a vida das persoas con mobilidade reducida; así como arranxouse as paredes da praza porque estaban moi deterioradas.