Skip to main content
Samos

Os nenos e nenas de Samos entenderon máis sobre o día a día das persoas con discapacidade grazas a Cogami

Por 22 Febreiro, 2024Febreiro 23rd, 2024Sin comentarios

O Ceip de Samos acolleu a visita de dúas profesionais de Cogami para sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade a través de varias actividades.

Nuria e Isa atenderon aos nenos e nenas de Samos, aos que lles explicaron como se desenvolve a vida dunha persoa con discapacidade, a través da experimentación propia do alumnado de catro actividades.

Así, fixeron cousas da vida cotiá como pasear sen ver, ler, escribir ou pintar; cousas normais pero que fan de forma diferente pola súa condición.

Desde o centro educativo din que foi “unha experiencia moi enriquecedora” tanto para o alumnado como para o profesorado, xa que aprenderon máis sobre a inclusión.