Skip to main content
Sarria

Feijóo protagonizou un acto do Partido Popular en Sarria

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

Alberto Núñez Feijóo protagonizou un mitin en Sarria, onde estivo respaldado por diversos representantes do Partido Popular na comarca de Sarria, da provincia de Lugo e de toda Galicia.

Alí, Feijóo asegurou que Sánchez “abandonou a Gómez Besteiro para apostar pola candidata dun partido independentista, porque Sánchez prefire aniquilar o seu partido, pero que o PP non goberne en Galicia”.

Ademais, acusou aos socialistas de “traizoar aos seus votantes, que non queren que unha nacionalista goberne Galicia, senón que prefiren un gobierno leal e estable”, sostivo.

Así, remarcou que o 18F os gallegos terán que elixir entre “proseguir o camiño de crecemento, estabilidade, cordialidade e convivencia ou unha senda descoñecida cun conxunto de forzas antagónicas cuxo proyecto é o interese exclusivo de que non goberne o PP”.