Skip to main content
Sarria

Aínda está activa a campaña ‘O teu corazón pide Sarria’ de San Valentín

Por 12 Febreiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU desenvolve dende o 1 de febreiro e ata o 14 de febreiro a campaña promocional ‘O teu corazón pide Sarria’.

‘O teu corazón pide Sarria’ é unha campaña coa que esperamos chegar aos corazóns dos clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria, para que continúen amosando o seu apoio aos negocios da vila, realizando as súas compras de San Valentín no CCU de Sarria.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realicen algunha compra no periodo da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas.

Así, sorteanse catro ceas para dúas persoas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O ́Descanso e Restaurante Roma).

O sorteo, no cal se farán públicos os nomes das persoas premiadas, será o venres 16 de febreiro ás 12.30 horas.