Skip to main content
Sarria

La Unión de Sarria acolle o I Encontro da Irmandade Poética Galega nas Terras de Sarria

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Coro Sarricanta organiza o recital poético-musical ‘I Encontró da Irmandade Poética Galega nas Terras de Sarria’, un acto cultural e musical para a veciñanza da vila sarriá.

Neste primeiro encontró da Irmandade poética e artística Galaico-Lusa contarase coas actuacións do coro Sarricanta, Cantareiros da Unión e Rebuldeira Teatro, así como coa poesía dos poetas do reencontro.

Esta iniciativa, que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro ás 18.00 horas no local da Sociedade Cultural La Unión, é de entrada libre e gratuíta, polo que poderán acudir todos os veciños e veciñas interesados nesta actividade.