Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXA

Eleccións á Xunta: os candidatos pola provincia de Lugo

Por 11 Febreiro, 2024Febreiro 12th, 2024Sin comentarios

O 18 de febreiro haberá eleccións en Galicia para escoller aos representantes no Parlamento e con elas ao próximo presidente da Xunta, que podería ser o oitavo logo de once convocatorias. Presentamos aos candidatos que lideran a provincia de Lugo polos partidos máis votados.


Partido popular:

Elena Candia, dúas décadas de logros políticos como aval para apoiar a Rueda

Elena Candia, nada no 1978 en Mondoñedo, na parroquia do Carme, licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e iniciou o seu doutoramento no estudo de entes locais. A súa experiencia profesional está vinculada co mundo das aseguradoras, xa que foi responsable dunha oficina de seguros no seu Mondoñedo natal.

Leva máis de dúas décadas vinculada ao mundo da política. Deu os seus primeiros pasos no ámbito local como concelleira do seu municipio no 2003 tras formar parte da lista liderada por Luis Rego e coa que lograron unha ampla maioría. Catro anos despois presentouse como cabeza de lista pero os resultados foron outros para o partido, pois dos sete edís que acadaron nos anteriores comicios, só mantiveron catro. Foi voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo dende finais do 2011 e fíxose coa presidencia desta institución dende xullo ata outubro do 2015. A toma de posesión foi para ela toda “unha sorpresa”, tras o empate a 12 votos co socialista Darío Campos, e asumiu o rol coa firme aposta polo “progreso e o desenvolvemento económico da provincia”.

No 2015 conseguiu recuperar a alcaldía de Mondoñedo grazas a unha maioría que ampliou nas eleccións do 2019. En marzo do ano seguinte renunciou ao bastón de mando para encabezar a lista das autonómicas e foi substituída por Manuel Otero, pero mantívose na corporación. Dende o 2016 ocupa a Presidencia Provincial do PP de Lugo tras unha clara vitoria sobre Raquel Arias e en maio do 2022 tomou a Vicepresidencia primeira do Parlamento tras a renuncia de Diego Calvo. Neste mesmo ano foi proposta pola xunta directiva local, co apoio unánime de todos os afiliados, como candidata dos populares á alcaldía de Lugo, labor que recoñeceu asumir “con humildade, porque todo o que son débollo ao PP de Lugo”.

Un plan para o retorno de lucenses para traballar na cidade e outro para o coidado de nenos de familias monoparentais formaban parte das máis de 140 medidas “consensuadas cos lucenses” e presentadas no seu programa electoral para facerse co consistorio nos comicios municipais do 12 de maio. Tras a cita coas urnas, os populares lograron os segundos mellores resultados da súa historia dende que perderon a maioría absoluta no 1999, acadando o 43,57 % dos votos e 12 escanos. Deste xeito, quedáronse a un escano de lograr a maioría absoluta, polo que Lara Méndez puido reter a alcaldía revalidando o bipartito co BNG, bipartito que tamén conseguiu manter a Deputación.

Dende a oposición, a voceira popular e responsable da área de economía destacou que a súa folla de ruta sería o seu programa electoral. “Queremos cooperar e apartarnos de calquera tipo de confrontación”. Entre as últimas propostas do seu equipo atópase desenvolver unha Concellería de Maiores, crear unha mesa de traballo para a praia fluvial ou que o Goberno local lidere un plan de permutas agrícolas nas parroquias con maior presenza do sector primario.

CANDIDATOS

1. María Elena Candia López
2. Javier Arias Fouz
3. Alfonso Villares Bermúdez
4. Cristina Sanz Arias
5. José Manuel Mato Díaz
6. Raquel Arias Rodríguez
7. José Manuel Balseiro Orol
8. Enrique Barreiro Sánchez
9. María Encarnación Amigo Díaz
10. Nicole Grueira Fernández
11. Katherinie Varela Fernández
12. José Luís Novo Teijeiro
13. María Alicia López Rodríguez
14. Pablo Figueiras Reguera
Suplentes
1. Aurora Aida Goas Castro
2. José Fernández Carrete
3. Miguel Ángel Fernández González
4. Saray Ventura Fernández
5. Verónica Soto Piñeiroa

“Queremos colaborar e afastarnos de calquera confrontación”

A tamén membro da Comisión de Igualdade da Federación Española de Municipios e Provincias e número un da lista popular por Lugo ao Parlamento declárase defensora da “política realista, a de tomar as medidas que os galegos precisamos e merecemos, a de cumprir a palabra, a de atender ás persoas e a de apoiar o desenvolvemento da provincia; non a de prometer antes das eleccións e cambiar de opinión despois”, así o asegurou nunha xuntanza co presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. A mindoniense aposta por “facer unha campaña contando a verdade á xente”, que “xa sabe o que aportou o besteirismo e o nacionalismo á nosa provincia” e que “non sería positivo que se trasladase a Galicia”. Ao contrario do PSOE e do BNG que “presumen constantemente do que carecen”, Candia asegura que o seu partido xa “ten demostrado traballar dende a seriedade e pegado ao territorio”.


Partido Socialista:

Xosé Ramón Gómez Besteiro, o candidato lugués que opta á presidencia da Xunta

Xosé Ramón Gómez Besteiro non só liderará a cabeza de lista do PSdeG-PSOE nos comicios autonómicos á Presidencia da Xunta do vindeiro 18 de febreiro, tamén será o candidato pola provincia de Lugo, acompañado pola exalcaldesa da capital lucense, Lara Méndez, seguida da ex alcaldesa de Trabada, Mayra García.

Besteiro, nado en Lugo en 1967, estudou Dereito e, ao finalizar os seus estudos, afiliouse ao PSOE. Avogado de profesión, participou na vida pública do Concello de Lugo entre o ano 1999 e o 2007 como voceiro municipal socialista e concelleiro de Urbanismo. No 2007 deixou estes cargos para presidir a Deputación de Lugo ata o ano 2015.

Xa no ano 2023 foi designado como delegado do Goberno en Galicia e agora preséntase como candidato do PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia.

O candidato, que encabeza a lista por Lugo, di que presenta “un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio da provincia de Lugo”.

O secretario xeral dos socialistas en Lugo, José Tomé Roca, sostivo que “Lugo aporta o mellor equipo dos que se presentan a estas eleccións autonómicas, e temos a sorte de que quen o encabeza é o candidato”, subliñou Tomé, convencido de que “vai ter un gran resultado e contribuír de maneira determinante a activar o cambio en Galicia liderado por Besteiro”.

“É urxente activar o cambio en Galicia, no que a provincia de Lugo vai ser determinante, xa que os lucenses deixarán de estar discriminados polo PP, porque os socialistas poñeremos en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, traballando polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, recalcou Tomé.

Besteiro comprométese así a liderar un Goberno “que diga a verdade” e “que conteste”, cun PSdeG que representa ao “galeguismo útil” para resolver os “verdadeiros problemas” dos galegos e das galegas.

En concreto, Besteiro, nunha visita a Monforte, sostivo que cando estea á fronte do Goberno galego, desbloqueará o Porto Seco e converterao en nodo loxístico de referencia en Galicia.

Tamén visitou a montaña lucense, onde o candidato socialista considerou que “a Atención Primaria precisa dunha nova estratexia e dun forte compromiso por parte da Xunta para recuperar o prestixio e a importancia que ten na cadea sanitaria”.

CANDIDATOS

1. José Ramón Gómez Besteiro
2. Lara Méndez López
3. Mayra García Bermúdez
4. Miguel Tomé López
5. Teresa Fernández Pérez
6. Jaime Losada Sobrado
7. Elena Cordero Becerra
8. Manuel Eduardo Fernández Varela
9. Catalina Fernández Méndez
10. Roberto Castro González
11. Marina Ramudo Graña
12. Miguel Ángel Vilar Rivas
13. Silvia Rodríguez Díaz
14. Jorge Val Díaz
Suplentes
1. Miguel Ángel Crende López
2. Olimpia López Rodríguez
3. Pablo Núñez González
4. Ana Mª Hortas Alonso
5. Miguel Caloto Conde

“É urxente activar o cambio en Galicia, e Lugo vai ser determinante”

Con respecto ao ámbito sanitario, o socialista tamén promete que, ao chegar á Xunta, implantará en toda Galicia o modelo público de residencias que creou á fronte da Deputación de Lugo, xa que nunha visita á residencia de Meira explicou que “aquí os maiores son tratados coma na casa, en centros pequenos e ben atendidos, sen ter que marchar do seu pobo, e pagan o xusto en función da súa capacidade patrimonial”.

Ademais, reclama recursos materiais e humanos para que os concellos poidan afrontar a limpeza dos granulados sen custo, así como “información científica e transparencia que permita afrontar a situación con tranquilidade”. Ademais, a terceira na lista, Mayra García, ex alcaldesa de Trabada, sostén que Besteiro executará as obras da Vía de Alta Capacidade Costa Norte de Ferrol a San Cibrao para a mobilidade e o desenvolvemento da comarca mariñá e daralle á Mariña o impulso do que o PP nos leva privando dende hai 15 anos”

Outra das iniciativas que leva o candidato socialista no seu programa é a aposta dende a Xunta de Galicia por apoiar ás empresas “que creen emprego de calidade e proxectos industriais que fixen poboación”.


Bloque Nacionalista Galego:

Olalla Rodil encabeza o BNG provincial desde o 2016 e é voceira suplente

Olalla Rodil, nada en Ribeira de Piquín, é xornalista pero é máis coñecida polo seu labor político no Bloque Nacionalista Galego. É licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e conta cun mestrado de Estudos Internacionais. Tamén traballou como redactora.

Foi cabeza de lista da provincia de Lugo polo BNG nas eleccións xerais de España de 2016 e 2019, nas do Parlamento de Galicia de 2016, na cal saíu elixida deputada do Parlamento, e 2020.

Na actualidade ocupa o cargo de voceira suplente do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia e tamén é a vice-coordinadora de comunicación da executiva nacional do mesmo partido.
Rodil ten propostas dirixidas ás persoas maiores no eido da dependencia e da promoción da autonomía persoal. Son medidas que buscan “garantir o dereito a envellecer no propio fogar coas mellores condicións de vida, achegando os apoios e servizos necesarios que garantan o seu benestar”.

Tamén afirmou que o BNG poñerá a disposición de todas as persoas maiores unha “rede de servizos públicos fortes” que permitan envellecer nas casas, xunto cun programa de prevención da dependencia e de promoción da autonomía persoal.
O BNG estruturará estes servizos a través do Servizo Galego do Benestar, “un sistema de xestión público, similar ao Sergas, que garanta o acceso de toda a poboación aos servizos sociais”. Ademais, propón reformular o modelo do Servizo de Axuda no Fogar.

No relativo á Sanidade di que “levamos trece anos de recortes, privatizacións, con precariedade no persoal médico e colocando á sanidade pública na situación límite que ten neste momento”, así mesmo, explica que “unha das primeiras medidas a poñer en marcha é o Plan de Mellora da Atención Primaria, cunha partida de 200 millóns de euros para reforzar a porta de entrada á sanidade pública”. Segundo Olalla Rodil, “temos que cambiar o modelo actual por un no que as persoas sexan o centro, baseado en equipos de profesionais en número suficiente que poidan atender en condicións ás necesidades da veciñanza”.

Sobre o rural opina que “dar axilidade, dende a administración, a todos os expedientes relacionados co medio rural” así como “mellorar a dotación de infraestruturas e servizos con especial énfase nas zonas rurais máis afastadas”.
Tamén estableceu como prioridade “un plan de mobilidade no rural, con rutas e horarios suficientes para asistencia prioritaria no ámbito da educación, sanidade e servizos sociais” e engadiu a necesidade da “recuperación de vivendas no rural e creación dun banco de vivendas, establecendo un marco de colaboración entre o IGV, os Grupos de Desenvolvemento Rural, a FEGAMP e as Deputacións Provinciais”.

CANDIDATOS

1. Olalla Rodil Fernández
2. Daniel Castro García
3. Montserrat Valcarcel Armesto
4. Iago Suárez Fernández
5. Iria Cotelo Cociña
6. Martín Gómez Souto
7. Pilar Vázquez Sánchez
8. Alejandro Varela Rubín
9. Beatriz Cedrón Vilar
10. Eloi Cabanas Ramos
11. Rosa Ana Prieto Florines
12. Mario Outeiro Iglesias
13. Alejandra Fernández Cillero
14. Miguel Gómez Fraga
Suplentes
1. Bernardo Valdês Paços
2. Wanesa Gómez Lourido
3. Manuel Luaces Fernández
4. María Dolores López Cayón
5. Xosé Manuel Becerra Pardo

“Poñeremos a Lugo no mapa mellorando as infraestruturas”

A candidata do BNG afirma que, a partir do 18 de febreiro, o BNG traballará para “crear oportunidades para impulsar economicamente tanto a cidade como a provincia de Lugo”, para o que “poñeremos a Lugo no mapa mellorando as infraestruturas e a conectividade, garantindo que non se perda nin unha soa oportunidade económica por falta de infraestruturas”.

Rodil indicou que para BNG é unha prioridade a cohesión social e a vertebración. “Para iso a mobilidade é unha cuestión fundamental. Lugo non pode ser a única cidade de Galiza que teña conexións ferroviarias do século pasado”.

O BNG traballará tamén na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores, tamén en materia de conciliación, tendo en conta as necesidades nas contornas laborais.

Sobre o I+D+i di propón un nivel de investimento que sitúe Galicia progresivamente no horizonte europeo e no que se refire á carreira investigadora, di que se inclúa a todo o persoal investigador e o persoal técnico e de xestión porque “sen técnicos e sen xestores de proxectos non hai ciencia”, apuntou Rodil. A terceira gran proposta do Bloque é un programa de retención, captación e retorno do talento “que sexa ambicioso e estable a través da creación do Innogal”, unha entidade similar ás que funcionan con éxito en Euskadi e Cataluña”.


Un total de dez candidaturas na provincia

Ademais do PP, BNG e PSOE preséntanse este ano outras sete listas electorais en Lugo

Os comicios galegos de 2024 contarán cun total de dez listas electorais pola provincia de Lugo. Repiten, por suposto, as tres máis votadas, o PP, BNG e PSOE, pero tamén configuráronse candidaturas para outras sete.

Así, haberá candidatos para outros tres partidos con representación tamén no Congreso dos Deputados. Entre estas destaca a de Sumar, que preside por Lugo José Antonio Rodríguez Añón. Este partido, de vinculación á esquerda, está en coalición co partido de Pedro Sánchez no Goberno.

Tamén presenta os seus candidatos Podemos, que nos comicios municipais, foron en coalición con Sumar. Preside a lista Ximena Cheda. A formación violeta non logrou aínda representación en Galicia.

Tamén VOX presenta a súa lista, onde repite Sonia Teijeiro. Esta formación, que xa se presentou nas anteriores, non tivo ata o de agora representación.

Os partidos independentes de Galicia Sempre e Compromiso por Galicia elaboraron a súa lista por Lugo (ECG) na que Castro López Gavín busca representación.

Completan a oferta tres partidos minoritarios que aínda non tiveron apoio suficiente para lograr algún tipo de representación, o partido animalista PACMA, o PUM+J (Por un Mundo Más Justo) e Escanos en Branco, que ten un obxectivo de partido protesta e que loita polos escanos baleiros.

SUMAR

1. José Antonio Rodríguez Añón
2. Diego López Dapena
3. María Teresa Rodríguez Chao
4. José Manuel Díaz Grandío
5. María Jesús Rodríguez Rodríguez
6. María del Carmen López García
7. Olga María López López
8. Xoan Trigo González
9. Nieves Pérez Rodríguez
10. Noel Dopazo Vázquez
11. María Isabel Sánchez Corral
12. Roberto Vicente Yáñez Frieiro
13. Guillermo Aijón Barreiro
14. María Reyes Rodríguez Pérez
Suplentes
1. Lucía Eres Rigueira
2. Libertad Fraga Grueiro
3. Xaquín López Gómez
4. Manuel Lago Berdeal
5. Isabel Fraga Grueiro

PODEMOS

1. Ximena Cheda Tuya
2. Fernando Otero Bello
3. Carla Varela Porto
4. Francisco Farias Hernández
5. Myriam del Carmen Lira Kornfeld
6. José Luis Basulto Ruíz
7. María Carmen Galvan González
8. Aitor Aceiro Vales
9. María Angeles Gayoso Fraga
10. Carlos Castro Castro
11. Sandra Graña Moreno
12. Óscar López Corral
13. Andrea Farias Asegurado
14. Orencio Orosa García
Suplentes
1. José Méndez Torres

VOX

1. Sonia María Teijeiro Pérez
2. Jorge Juan Núñez Díaz
3. Noelia Rabanal González
4. Miguel Ángel Rey Batan
5. Félix Cienfuegos Rivas
6. Ángel Francisco Lamela Fouz
7. Elisa Victoria Navarro Álvarez
8. Verónica Pena Gómez
9. Verónica Arroyo López
10. Rubén Graña Fernández
11. Ramiro López López
12. María José González Antolín
13. Ana Belén Rego Sampedro
14. Jacobo Gayoso Rodríguez

PACMA

1. Consuelo Pereiro Fernández
2. Omar Moruiño Real
3. Irma Fitó Egea
4. Patricia Fernández Virgós
5. José Francisco Vázquez Brañas
6. María Begoña Pais Riveiro
7. Luis Miguel González Seijas
8. Almudena Santos González
9. Jésica Pasantes Vázquez
10. Miguel Lago López
11. María del Pilar Grandal Azpeitia
12. Sandra María Souto Álvarez
13. Alberto David Pérez Baldomir
14. Sergio Villaverde Alfonso
Suplentes
1. María Díaz-Rincón Tiessen
2. José María González Martín
3. Montserrat María García Valls

PUM+J

1. Roger Adolfo Calabuig Hernández
2. Priscila Navarret Rodríguez
3. Gerardo F. Castedo Balbuena
4. María Teresa Bugallo Castiñeiras
5. Manuel Pérez Castro
6. María Nuria Villabona Río
7. Juan Luis Fernández Rodríguez
8. Leticia López Cancelo
9. Manuel Alejandro Garrido Reboredo
10. Rafael Veiga de Diego
11. María Ángeles A. Sáenz Díez Cabello
12. Gerardo Silva López
13. Mª Mar Mtnez Lacaci Valderrábano
14. José Manuel Real Fernández

EGC

1. Castor López Gavín (GS)
2. Nuria Mera Balboa (GS)
3. Pablo Corbelle González(GS)
4. Tamara Simón Ferreiro(GS)
5. Saul Sánchez Fraile
6. Marta López Abeledo (GS)
7. Manuel Martínez Rodríguez (GS)
8. Carmen Río Mourín(GS)
9. María Dolores Muñiz Cabanas (GS)
10. Jordi Blengua Penedo
11. Uxía Núñez Porto (GS)
12. Xaime Manuel Requeixo Souto
13. Jose Manuel Núñez Ferreiro (GS)
14. Patricia Ferreiro Rodríguez (CxG)
Suplentes
1. Ana María Pereiro Mourelo (GS)

PACMA

1. Consuelo Pereiro Fernández
2. Omar Moruiño Real
3. Irma Fitó Egea
4. Patricia Fernández Virgós
5. José Francisco Vázquez Brañas
6. María Begoña Pais Riveiro
7. Luis Miguel González Seijas
8. Almudena Santos González
9. Jésica Pasantes Vázquez
10. Miguel Lago López
11. María del Pilar Grandal Azpeitia
12. Sandra María Souto Álvarez
13. Alberto David Pérez Baldomir
14. Sergio Villaverde Alfonso
Suplentes
1. María Díaz-Rincón Tiessen
2. José María González Martín
3. Montserrat María García Valls