Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Escolares de Friol crean e reparten tarxetas en toda a localidade polo Día de Rosalía

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

O día 23 celébrase o Día de Rosalía, unha data imprescindible na consolidación da identidade galega. Para conmemorar a efeméride da gran dama da cultura, o profesorado e alumnado do CPI Doutor López Suárez desenvolveu unha orixinal iniciativa que incluíu a toda a poboación do concello.

Capitaneados por un profesional entregado e vocacional como Antolín Martínez Corujo, os alumnos elaboraron unhas tarxetas coa imaxe e cos versos da poetisa galega, que se foron entregando nos comercios do pobo, Así, durante estes días serán os propietarios dos concellos os encargados de repartir estas tarxetas entre a súa clientela para levarse así un fermoso recordo dun traballo “que facemos coa máis grandes das ilusións”, subliñan desde a organización.

Na entrega das tarxetas aos centors tamén participar Mary Buján Burgo, concelleira de Cultura que actuou en representación da ANPA.