Skip to main content
MeiraRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A asociación Avelino Díaz celebra unha asemblea para a renovación da directiva

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asemblea anual da Asociación Cultural Avelino Díaz celebrarase no centro sociocultural de Meira o sábado 2 de marzo, ás 20.00 horas.

O obxectivo principal desta reunión é a renovación da directiva da asociación.

Ademais, durante a reunión darase conta do informe de xestión co estado actual da asociación, actividades realizadas, accións iniciadas, número de persoas asociadas, entidades representadas, etc.

Tamén se presentará o informe económico.