Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Marcelle reabre as fins de semana a partir deste mes

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

O parque zoolóxico de Marcelle, situado no termo municipal de Outeiro de Rei, abre esta fin de semana as súas portas trala pausa invernal. O centro manterá un horario só de fins de semana, entre as 11.00 e as 19.00 horas, horario condicionado pola luz solar.

Durante o resto da semana o centro permanecerá pechado ata a tempada alta, a primavera, cando abrirá de forma continuada. 

A organización lembra que este ano haberá novidades e novas incorporacións, que poderán ser visitados desde o primeiro día.