Skip to main content
A PastorizaDeportes TERRACHÁXA

A Pastoriza acolle este xoves a final comarcal de tenis de mesa escolar

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

O pavillón polideportivo municipal da Pastoriza acolle este xoves, 14 de marzo, a partir das 16.00 horas, a final comarcal escolar Terra Chá de tenis de mesa, que está organizado pola Agrupación Terra Chá dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Está prevista a participación de 30 xogadores das escolas deportivas da contorna nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, estas tres últimas diferenciadas a rama feminina e a masculina.

Os gañadores estarán presentes no campionato provincial.