Skip to main content
As Pontes

Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con maxia

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 8 de febreiro, co espectáculo Unha maxia diferente, do Mago Paco, un espectáculo para nenos a partir de 5 anos.

A través de distintas historias e xogos de maxia traballa as diferenzas humanas como un punto de unión no que vernos reflectidos. Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero desde un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfundo educativo. Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que: “Ser diferente é o mais divertido e xenuíno que temos os seres humanos”.

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde.