Skip to main content
As Pontes

As Pontes acollerá desde o luns unhas xornadas sobre frondosas e eucalipto

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Seara acollerá nas Pontes unhas xornadas sobre xestión forestal sostible organizadas pola Asociación Forestal de Galicia. As xornadas desenvolveranse na sala de reunións que Seara ten no polígono industrial de Penapurreira.

Estas terán lugar os luns 26 de febreiro e os días 1 e 2 de marzo (venres e sábado). Os dous primeiros días terán horario de tarde mentres que o sábado será de mañá.

Na primeira sesión falarase sobre a normativa e incentivos que afectan ao sector forestal e sobre xestión sostible e medio ambiente, con dous relatorios diferenciados.

O venres 1 arrancará a sesión coa charla Elección de especie e modelos silvícolas para rematar falando de A planta, a plantación e os coidados silvícolas e corta.

O sábado 2 de marzo realizaranse prácticas na entulleira da mina de Endesa.

A inscrición pódese facer cubrindo este enlace en liña, nos teléfonos 981 564 011, 618 752 214 ou no enderezo de correo afg@asociacionforestal.org.