Skip to main content
As Pontes

As Pontes contará este domingo coa primeira Quedada Lanera

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

As Pontes acollerá este domingo, 25 de febreiro, a primeira Quedada Lanera, que consistirá en reunir aos afeccionados da tecedura.

Esta sesión terá lugar no local social de Cal de Avelaíña, a partir das 16.30 horas. Trátase dunha reunión para falar dos proxectos en marcha e de tecer en compañía.

É unha actividade totalmente gratuíta á que os interesados poden apuntarse no 658 961 505.