Skip to main content
As Pontes

Convocada unha masterclass de clarinete nas Pontes

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha nova masterclass, nesta ocasión de clarinete a cargo de Francisco Javier Morgade. A sesión desenvolverase o día 2 de marzo, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8) de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Ás 20.e0 horas haberá un acto de clausura no local de ensaio.

Hai dez prazas e os prezos son de 20 euros, para o alumnado do centro organizador; 40 para estudantes externos e 10 para quen acuda de oínte. Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes) ou chamando ao número de teléfono 679 956 185.