Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Os usuarios dos centros veciñais de Riotorto celebran un xantar de Entroido

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza un ano máis unha comida de Entroido, que terá lugar o mércores 21 de febreiro.

A xornada dará comezo ás 14.30 horas e estará amenizada por un dúo musical Muralla.

O menú, que ten un prezo de 27 euros por persoa, inclúe sopa, cocido completo, sobremesa e café.

A data límite para anotarse é o 18 de febreiro, e terá que facerse nos centros veciñais con preferencia para as persoas inscritas nas actividades.