Skip to main content
Vilalba

Reabrirá o día 28 a biblioteca municipal de Vilalba despois das obras

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Vilalba informa que o vindeiro mércores 28 de febreiro volverán abrirse as portas da Biblioteca Municipal, que estivo pechada nas últimas semanas.

A sala de lectura estará a disposición dos usuarios e usuarias logo dunhas importantes obras de acondicionamento que farán o espazo máis acolledor e axustado ás necesidades.

O prazo de devolución dos préstamos ampliarase ata esa data, continuando aberto o buzón de devolucións no exterior do edifico para todos aqueles e aquelas que prefiran proceder coa devolución.