Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugoVilalba

O Anxo Carro e A Madalena optan a acoller partidos do Mundial de fútbol do 2030

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

A carreira por formar parte da candidatura final española para o Mundial 2030 continúa aberta con todas as opcións intactas para A Coruña e Vigo, as dúas cidades que confirmaron o seu desexo de acoller partidos da cita mundialista. A FIFA, a través da Real Federación Española de Fútbol, segue recollendo información das sedes antes de tomar a decisión final.

E neste sentido, a Real Federación Galega de Fútbol elaborou unha proposta que trasladou á RFEF cunha serie de campos de fútbol que complementan as sedes da Coruña e Vigo. Campos que son presentados como posibles subsedes. E esta semana varios técnicos da RFEF visitan Galicia para inspeccionar estas instalacións para valorar se cumpren as esixencias como posibles campos de adestramento e dese xeito pasar a formar parte das candidaturas.

A proposta inclúe estadios distribuídos por toda Galicia, todos de céspede natural, como A Malata en Ferrol, Anxo Carro de Lugo, A Magdalena de Vilalba, Ponte dos Brozos de Arteixo, Pasarón en Pontevedra ou o Verónica Boquete de Santiago, entre outros.

Este martes, os técnicos da RFEF visitaron as instalacións de Afouteza, o campo de Pardellas en Ponteareas, o estadio de Pasarón e o campo de Baltar en Portonovo.

Para hoxe están previstas as visitas aos campos de Burgáns (Cambados), A Senra (Ribadumia), Vero Boquete (Santiago), Vista Alegre (Ordes), Ponte dos Brozos (Arteixo) e as instalacións do RC Deportivo en Abegondo.

O xoves será a quenda de A Malata en Ferrol e de A Madalena en Vilalba, rematando as visitas o venres no Anxo Carro en Lugo e o renovado estadio O Couto de Ourense.