Skip to main content
Xermade

Gran éxito de participación no Entroido de Xermade

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

Gran éxito de participación no Entroido de Xermade que repartiu premios para empadroados e non empadroados nunha xornada de diversión desenvolvida no pavillón municipal.

Dentro dos empadroados no Concellos os disfraces infantís gañadores foron O castelo do cabaleiro estrela, Bot Bot e O Rulas. En adultos individual ou parella o primeiro premio foi para O cocido de Angustias e Marcelino, seguido de Guerreira monster e Falando con Roca.

En comparsas o grupos repartiron premios O Escuadrón de Candamilecia, Prietos Poppins e Mario Car’s.

Tres premios leváronse os non empadroados en Xermade. O primeiro foi para Os Edro e a cor da escuridade, seguidos de A colleita de Peter Rabbit e Meigallos.

Ademais, deuse un premio especial á orixinalidade a Os máis limpos da Chaira.