Skip to main content
Xermade

Afammer celebra en Roupar un curso sobre dixitalización

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrece un curso de dixitalización.

Este terá lugar o sábado 24 de febreiro, en Roupar, na Escola Habaneira.

A inscrición é gratuíta. Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 654 394 780.

O curso terá lugar entre as 16.00 e as 19.00 horas e englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.