Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 3 Febreiro, 2024Febreiro 4th, 2024Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 3 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

O Valadouro

12.00. Os candidatos socialistas ás eleccións autonómicas pola provincia Catalina Fernández e Jorge Val, o Senador César Mogo, e a deputada autonómica Patricia Otero, xunto a concelleiros e membros da agrupación socialista do Valadouro participarán na V Feira de Razas Autóctonas da Mariña.

A Fonsagrada

15.00. O presidente da Deputación de Lugo e secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, o alcalde da Fonsagrada, Carlos López, o senador César Mogo, e as candidatas socialistas pola provincia ás autonómicas Mayra García Bermúdez e Teresa Fernández Pérez, xunto a deputados e deputadas provinciais, así como alcaldes da comarca da Montaña, afiliados e simpatizantes, compartirán un encontro con motivo da Feira do Butelo.

Monforte de Lemos

20.00. O alcalde de Monforte de Lemos, presidente da Deputación e secretario Xeral do PsdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participará no mitin do candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, xunto á número dous da candidatura ás autonómicas pola provincia e vicesecretaria Xeral do PSdeG, Lara Méndez, e o candidato número catro, Miguel Tomé.

 

PARTIDO POPULAR

Monforte

10.30. As candidatas ao Parlamento galego Raquel Arias e Katy Varela acompañada polo deputado monfortino no Congreso, Francisco Conde, participarán nun reparto electoral.

Becerreá

10.30 Os candidatos ás autonómicas Encarna Amigo e José Fernández Carrete asistirán á feira de Becerreá.

Lugo

11.00. Integrantes da candidatura ás autonómicas participarán nun reparto electoral xunto a concelleiros do Grupo Municipal Popular. Carpa situada na praza Horta do Seminario.

Abadín

11.00. Os candidatos ás autonómicas Enrique Barreiro e José Luis Novo participarán na feira de Gontán.

BNG

O Valadouro

11.30. Olalla Rodil, Daniel Castro, Montse Valcárcel e membros da candidatura, Eduardo Chao, tenente alcalde do Valadouro, Eliseo Teijeiro, concelleiro, Daniel García, deputado provincial, Antonio Veiga, responsable comarcal do BNG e cargos orgánicos e institucionais do BNG visitan a Feira de Razas Autóctonas do Valadouro.

Lugo

17.00. Daniel Castro (número 2 por Lugo) e Iago Suárez (número 4 da candidatura do BNG) participarán nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova. A despensa do Saa.

Chantada

20.30. Acto Público do BNG en Chantada, coas intervencións de Olalla Rodil (cabeza de lista por Lugo), Iago Suárez (número 4 da candidatura do BNG) e Alexandre Varela (número 8). Casino de Chantada.