Skip to main content
Uncategorized @gl

O persoal da AGE en Lugo denuncia unha problemática hixiénica tras a folga do sector de limpeza

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Xunta de Persoal dos Servizos Periféricos da Administración do Estado en Lugo (AGE), valorando a afectación dos centros de traballo pola folga dos servizos de limpeza, manifesta que como consecuencia da falta de solución, e tendo en conta se trata dun servizo esencial, “estase orixinando unha problemática hixiénica que están a sufrir as empregadas e empregados públicos, así como as e os administrados que acoden a estas dependencias”.

Deste xeito, e tendo en conta que unha das demandas é “por non estar cobrando o SMI e xa que a subida procede dun Real Decreto do Goberno”, piden que administración contratante coas empresas que prestan servizo de limpeza nas dependencias poñan da súa parte para poder solucionar un conflito que se está alongando no tempo. “Polo que entendemos que a AGE como parte contratante deberá esixir que as empresas contratadas cumpran co seu cometido”.