Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 9 Febreiro, 2024Febreiro 10th, 2024Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 9 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Ribadeo

10.30. O Ministro da Presidencia, Félix Bolaños, xunto ao Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez visitarán á Cooperativa CLUN. A Preixoana, 13.

Lugo

10.30. Punto de información electoral do PSdeG. Praza de Santo Domingo.

Burela

11.30. A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Catalina Fernández, xunto á Alcaldesa de Burela, Carmela López, e a Deputada autonómica Patricia Otero participarán no reparto de información electoral sobre o proxecto de Besteiro para Galicia no mercado semanal. Centro da vila.

Viveiro

12.30. O Ministro da Presidencia, o Presidente da Deputación e Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, a candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, atenderán aos medios. Fronte á Porta de Carlos V.

Portomarín

12.30. Os candidatos socialistas pola provincia ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo Miguel Tomé, Teresa Fernández e Silvia Rodríguez, a Secretaria de Organización do PSdeG provincial, Pilar García Porto, e o Deputado provincial Iván Castro,  visitarán a feira de Portomarín con compañeiros e compañeiras da agrupación socialista local. Campo da Feira.

Foz

16.15. O Ministro da Presidencia, o Secretario Xeral do PSdeG na provincia e a candidata socialista ás autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Foz e Deputado Provincial Francisco Cajoto, manterán unha reunión coa militancia. Paseo marítimo.

Lugo

16.30. O candidato socialista pola provincia ás eleccións autonómicas Jaime Losada participará nun debate electoral sobre o sector agrogandeiro e forestal. Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus Terra.  

Barreiros

17.15. O Ministro da Presidencia, o Secretario Xeral do PSdeG na provincia e a candidata socialista ás autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, xunto á Tenente de Alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga, manterán un encontro coa militancia do municipio. Praia de Arealonga. San Miguel de Reinante.

Lugo

18.00. Punto de información electoral do PSdeG. Rúa Menorca.

Outeiro de Rei

21.30 A candidata socialista pola provincia ás eleccións autonómicas Lara Méndez manterá unha xuntanza con militantes e simpatizantes de Outeiro de Rei, Begonte e Rábade. Restaurante Área de Servizo 507.

 

PP

Monforte de Lemos

9.30. A candidata Raquel Arias visitará La Más Dulce acompañada polo deputado nacional Francisco Conde. Rúa Corredoira, 17.

Burela

10.00.O candidato José Manuel Balseiro e membros da candidatura do PP lucense ao Parlamento galego realizarán un reparto electoral coincidindo co mercado semanal dos venres en Burela.

Lugo

11.30. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outros integrantes da lista ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular participará nun reparto electoral na rúa Quiroga Ballesteros.

Portomarín

12.00.Candidatos do PP lucense ao Parlamento galego realizarán un reparto electoral coincidindo coa feira de Portomarín.

Lourenzá

12.30.O candidato José Manuel Balseiro e membros da candidatura do PP lucense ao Parlamento galego realizarán un reparto electoral coincidindo coa feira de Lourenzá.

Lugo

16.30.  A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento galego, Elena Candia, xunto a outro integrantes da candidatura ás autonómicas e concelleiros do Grupo Municipal Popular continuarán a explicar aos lucenses a pé de rúa o proxecto do Partido Popular para Galicia na zona de Campo Castelo.

Baleira

17.30. A Os candidatos Javier Arias, José Manuel Balseiro, Encarna Amigo e Miguel Ángel Fernández participarán nunha visita a unha explotación gandeira xunto a José González.

Foz

18.00. O candidato Alfonso Villares e membros da candidatura do PP lucense ao Parlamento galego realizarán un reparto electoral por Foz.

Láncara

19.00. A Os candidatos Javier Arias, José Manuel Mato, José Manuel Balseiro e Enrique Barreiro, entre outros membros da lista ás autonómicas, participarán nunha visita á gandería Casa García, en Toirán, xunto a José González.

Lugo

21.00. A cabeza de lista do PP lucense ao Parlamento de Galicia, Elena Candia, e o tamén candidato Enrique Barreiro intervirán xunto ao titular de Medio Rural do Goberno galego e candidato pola provincia da Ourense, José González, nun acto sectorial sobre medio rural.

 

BNG

Lugo

17.00. Reparto informativo do BNG en Lugo. Praza Anxo Fernández Gómez

Taboada

19.00. Olalla Rodil, xunto co Tenente Alcalde de Taboada, José Portela, e o concelleiro do BNG Manuel Diéguez, visitará as instalacións das galletas Xianas.

21.00. Acto público do BNG de Taboada con Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Iago Suárez, número 4 da candidatura, Alexandre Varela, número 8 da candidatura e Rosana Prieto, número 11 da candidatura. Salón de Actos do Cuartel Vello de Taboada.