Skip to main content
Uncategorized @gl

Axenda electoral para hoxe na provincia

Por 13 Febreiro, 2024Febreiro 14th, 2024Sin comentarios

A axenda electoral para hoxe, 13 de febreiro, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

Lugo

10.00. Punto de información electoral do PSdeG. Mercado de Frigsa-Avenida da Coruña.

F0z

11.00. A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, o alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, e compañeiros e compañeiras das agrupacións da comarca participarán no reparto de información electoral do Partido Socialista. Mercado.

Lugo

18.00 Punto de información electoral do PSdeG. Santo Domingo

19.00 O Secretario Xeral do PsdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participará no mitin do candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ao expresidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero. Gran Hotel.

PP

Foz

10.00 Os candidatos ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo Javier Arias, Alfonso Villares, José Manuel Balseiro e Verónica Soto acompañados pola titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, farán declaracións sobre o programa de Goberno de Alfonso Rueda para Foz. Punto de encontro: diante o Muelle Bar

Lugo

10.30
As candidatas Elena Candia e Cristina Sanz continúan a facer chegar o programa da Galicia de Rueda aos lucenses a pé de rúa. A carpa do Partido Popular estará situada na avenida da Coruña (á altura do parque de Frigsa).

Foz

11.00
Os candidatos ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo Javier Arias, Alfonso Villares, José Manuel Balseiro e Verónica Soto acompañados pola titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, realizarán un reparto de información electoral no mercado de Foz.

Portomarín

12.00
Os candidatos ao Parlamento de Galicia José Manuel Mato, Enrique Barreiro e Alicia López visitan a exposición Galiverso xunto a Román Rodríguez e o deputado nacional Francisco Conde. Punto de encontro: Praza do Concello

Monterroso

13.00
Os candidatos ao Parlamento de Galicia José Manuel Mato, Enrique Barreiro e Alicia López realizarán un reparto de información electoral en Monterroso xunto a Román Rodríguez e o deputado nacional Francisco Conde. Punto de encontro: diante o Café Bruselas

Viveiro

13.00
Os candidatos ao Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo Javier Arias, Alfonso Villares, José Manuel Balseiro, Verónica Soto e Saray Ventura acompañados pola titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, realizarán un reparto de información electoral en Viveiro. Punto de encontro: estación de autobuses

Lugo

16.30
As candidatas Elena Candia e Cristina Sanz continúan a facer chegar o programa da Galicia de Rueda aos lucenses a pé de rúa. Pola tarde, a carpa estará situada na Praza Maior.

Monforte

17.00 As candidatas Raquel Arias e Katy Varela realizarán un reparto de información electoral pola rúa do Cardenal xunto ao titular de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e candidato pola provincia de Pontevedra, Román Rodríguez, e o deputado nacional Francisco Conde. Punto de encontro: Cafetería Cardenal.

Burela

17.00 Os candidatos mariñáns ao Parlamento de Galicia Javier Arias, José Manuel Balseiro e Verónica Soto acompañados pola titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, realizarán un reparto de información electoral en Burela. Punto de encontro: diante de Foto Sergio.

Mondoñedo

19.00 A cabeza de lista do PP pola provincia, Elena Candia, e a titular de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, Ethel Vázquez, intervirán nun mitin xunto ao alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero. Salón de actos da Casa da Xuventude.

Foz

20.00 Os candidatos ao Parlamento de Galicia Alfonso Villares e José Manuel Balseiro intervirán nun mitin xunto ao portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira. Casa da Cultura.

BNG

Burela

12.00 Acto público do BNG con Ana Pontón, candidata á Xunta, Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, número 2 da candidatura e Mario Pillado, portavoz do BNG en Burela. Auditorio Municipal de Burela

Lugo

18.00 Reparto informativo do BNG polas rúas do centro de Lugo.

O Corgo

21.00 Acto público do BNG no Corgo con Mini Rivas, deputado do BNG, Montse Valcárcel, número 2 da candidatura por Lugo, Mario Outeiro, integrante da candidatura e Pilar Bellón, concelleira do BNG. Centro sociocultural.

Burela

12.00. A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, intervén no mitin de campaña en Burela xunto a Olalla Rodil e Daniel Castro, cabeza de lista e número dous por Lugo, respectivamente, e ao portavoz municipal, Mario Pillado.  Casa da Cultura.