Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAOurol

Cancelado o III Rally Concello de Ourol

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

Os organizadores do III Rally Concello Ourol, o Club Clásicos Viveiro, veñen de comunicar a cancelación da proba deportiva que se ía celebrar o 16 de marzo.

“Sentimos comunicar que por motivos alleos a esta organización vémonos na obriga de ter que cancelar a celebración desta III edición do Rally Concello de Ourol”, dixeron, “tomamos esta decisión despois de moito meditar e moi ao noso pesar, pero non temos outra saída posible”.

Así, dende o Club Clásicos Viveiro piden desculpas polas molestias e a todos osque xa tiñan a inscrición feita se lles irá informando e se lles devolverá o importe íntegro.

Para máis información será necesario contactar coa organización no teléfono 717 728 817 ou nas súas redes sociais.