Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

A X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

A X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro. O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo que “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que a correron e agardamos poder superar esa cifra neste 2024. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.

Silvent tivo palabras de agradecemento para os colaboradores: “tamén queremos agradecer a todos os colaboradores a súa implicación coa media maratón Ribadeo-As Catedrais”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “toda actividade deste calibre ten repercusións na economía local e iso é sempre moi importante. Neste caso será no mes de setembro, algo que contribuirá a prolongar a tempada de verán durante esa fin de semana. Participantes e acompañantes aproveitarán para gozar da nosa vila, da súa contorna, da súa gastronomía e do seu comercio. Agardamos que disfruten moito”.