Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

O Celeiro Club del Mar está a escoller a nova xunta directiva

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

A directiva do Celeiro Club del Mar de fútbol informou que están a iniciar o proceso para elixir a nova xunta directiva. Así, poderanse presentar as candidaturas ata o 15 de abril.

Para presentar as candidatura tan só hai dous requisitos, ser socio do club e ser maior de 18 anos. O vindeiro día 15 de abril coas candidaturas presentadas acordarase unha data para amosar os proxectos e realizar a votación.

De non presentarse ningunha candidatura se lle daría unha semana de prazo ás presentacións e despois convocaríase unha asemblea extraordinaria.