Skip to main content
Alfoz

A ACX O Castelo de Alfoz organiza unha cea baile

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha cea baile o vindeiro 16 de marzo no pavillón municipal ás 21.00 horas.

O menú consta de chacina, empanada, croquetas, xarrete, sobremesa, café e viño, e terá un prezo de 25 euros para socios e 27 para os que non o sexa. Esta cea estará amenizada polo grupo Lume.

Para as reservas haberá que contactar nos seguintes números de teléfono, mellor por WhatsApp, 603 895 753 ou 617 299 798.