Skip to main content
Alfoz

VIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral en homenaxe ao 8M

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

VIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12.00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán   doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.

Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe  ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.

O acto contará, entre outros, coa presenza de Efigenia Maseda, membro de VIA Alfoz e actual alcaldesa do concello quen, a pesar dos eventos que o Concello de Alfoz ten preparado para este 8M, non quere perder este acto, que comezou de xeito espontáneo aló polo 2015, coincidindo co inicio da agrupación Veciños independentes de Alfoz. Hai que recordar que esta agrupación foi a orixe de VIA Alfoz, “que hoxe ostenta a Alcaldía, precisamente nas mans dunha muller”, subliñan desde a Dirección Executiva do partido, ao tempo que agradecen a súa presenza.