Skip to main content
Alfoz

O mago Rafa estará en Alfoz o sábado 16 de marzo

Por 12 Marzo, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

O salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá unha actuación do mago Rafa o sábado 16 de marzo.

Desde o Concello de Alfoz explican que o mago Rafa é “un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender. Durante todo este tempo traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles,… Pero sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idade”.