Skip to main content
Alfoz

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza unha festa infantil en Semana Santa

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, unha festa infantil para que os máis novos gocen con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas.

A entrada é libre e de balde coma sempre e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde.

Será no pavillón municipal o 27 de marzo en horario de 16.30 a 20.30 horas.