Skip to main content
Alfoz

Os Monicreques de Kukas estarán na casa da cultura de Alfoz

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

O xoves, 21 de marzo, Monicreques de Kukas presentan ‘Xan Perillán, compra leite, compra pan’ para o alumnado do Ceip Castro de Ouro, dentro da programación Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz.

Ás 15.00 horas no salón de actos da casa da cultura os nenos e nenas do Ceip Castro de Ouro de Alfoz (e tamén todas as persoas que queiran asistir), desfrutarán do espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.