Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz prepara un curso de cultivo de flores de primavera e verán

Por 24 Marzo, 2024Marzo 25th, 2024Sin comentarios

O Concello de Alfoz prepara un curso de cultivo de flores de primavera e verán e que inclúe secado de flores. Será os días 5 e 6 de abril.

Esta actividade foi solicitada á Reserva da Biosfera Terras do Miño que depende da Deputación Provincial de Lugo, da cal o Concello de Alfoz forma parte.

O curso farase en horario de tarde na Aula OMIX situada na casa da cultura de Alfoz, e será totalmente de balde e pero haberá que anotarse chamando ao teléfono 982 558 001 (ext.3). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude.