Skip to main content
BurelaMar AMARIÑAXA

Segue en marcha o reparto de calendarios elaborados pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores de Burela

Por 3 Marzo, 2024Marzo 4th, 2024Sin comentarios

Segue en marcha o reparto de calendarios de 2024 elaborados pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista. Os calendarios repartiranse en diferentes puntos da localidade e Casa Consistorial é un deles.

A alcaldesa, Carmela López, dixeron que “este traballo está cargado de historia e que pon en valor a labor tan importante da Confraría para con Burela”.

Segundo o presidente da Confraría “esperamos que guste e que gocen cada mes coa información que brinda e así podan empaparse da historia e da labor social levada a cabo pola Confraría”.

Para os interesados lembran que se poden recoller os calendarios na propia Confraría de Pescadores e no Concello. Aquelas asociacións que desexen repartilos entre os socios poden solicitalos a través do seguinte email: cofradia@cofradiaburela.org.

Este almanaque recolle imaxes como o histórico de presidentes e patróns maiores nos 100 anos da Cofradía ou a primeira pedra da entidade, pois amosa a acta de constitución do pósito do 18 de novembro de 1923, asinada pola Xunta de Goberno daquel entón e que é totalmente lexible.