Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Alcoa xa é propietaria do 100 % da planta de alúmina de San Cibrao

Por 13 Marzo, 2024Sin comentarios

A empresa estadounidense Alcoa xa é propietaria do 100 % da planta de alúmina de San Cibrao trala compra de accións por valor de 2.200 millóns de dólares, uns 2.000 millóns de euros, da empresa australiana Alumina Limited coa que compartía a propiedade da factoría.

Esta situación preocupa ao comité de empresa a cal xa expresaron o seu malestar á Xunta e ao Goberno central. Así, desde ambas as administracións solicitan a Alcoa transparencia e o Goberno do Estado convocou para este vindeiro día 21 en Madrid unha reunión de seguimento entre todas as partes.

“É un fito no noso camiño para ofrecer valor tanto aos accionistas de Alcoa como aos de Alumina”, afirmou William F. Oplinger, presidente e director executivo de Alcoa. “Esta transacción brinda mellores oportunidades para a creación de valor, incluído o fortalecemento da posición de Alcoa como un dos maiores produtores de bauxita e alúmina do mundo e brinda aos accionistas de Alumina Limited a oportunidade de participar nunha empresa combinada máis forte, mellor capitalizada e con potencial de crecemento. Esperamos aproveitar o éxito de Alcoa e continuar executando a nosa estratexia a longo prazo”.

Dentro dos termos do acordo os accionistas de Alumina Limited recibirían unha contraprestación de 0,02854 accións de Alcoa por cada acción de Alumina Limited. Unha vez completada a transacción, os accionistas de Alumina Limited posuirían o 31,25 % e os accionistas de Alcoa posuirían o 68,75 % da compañía combinada.