Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

O Club de Atletismo Ría de Foz segue a destacar nos campionatos

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

O pasado sábado nas pistas de Expourense celebrouse o Campionato Galego de Pista Curta na categoría sub20, no que participou Helena Celada, do Club Atletismo de Foz. Helena, competiu na proba dos 3000 metros lisos acadando unha magnífica 4° posición e mellorando en case 15 segundos a súa marca persoal na proba.

Tamén ata Lugo se desprazaron 10 dos atletas focegos das categorías de menores para participar no control de marcas que se celebrou en Lugo o pasado sábado. Xana, Aya, Sofia E., Teo, Antia, Ikram, Noa, Amelia, Gisela e Marco participaron en diferentes probas tanto no modulo cuberto como na pista ao aire libre e conseguiron mellorar moitas das suas marcas persoas que tiñan nesas probas de anos anteriores.

Así mesmo celebrouse en Castellón a XIV edición de maratón xunto cos xa consolidados 10km nos que participou Sara Reimondo. Un percorrido de 10.000 metros homologado pola RFEA e World Athletics que Sara dominou dende o comezo, conseguindo rematar a 1° Española, cun tempo de 33:57, e sacándolle máis de 3 minutos a seguinte española clasificada.

Ademais, con esta marca, Sara consigue colocarse 4° na clasificación nacional desta modalidade na tempada 2024, e consigue así a 74° mellor marca dunha española nos 10km ruta de todos os tempos.

Tamén na xornada do domingo, Manuel Gil, Ángel Granda e Manolo Fernández desprazáronse A Coruña para correr a Media Maratón C21. Unha mañá con moito vento e chuvia que non freou a ningún dos nosos atletas, que percorreron eses 21.097m polo centro da cidade Coruñesa.