Skip to main content
Foz

O Cenima de Foz acolle durante todo o mes de marzo unha mostra de fotografía de surf

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

O Cenima de Foz acolle durante todo o mes de marzo unha mostra de fotografía de surf a cargo de José Ángel Niño. Estará dispoñible ata o 31 de marzo.

Esta exposición conta con 70 instantáneas de surfistas locais anónimos e están feitas en praias da Mariña.

A mostra será inaugurada este sábado, día 2, ás 12.00 horas e poderá visitarse de luns a xoves de 09.30 horas a 14.00 horas; os venres de 09.30 a 14.00 e de 17.30 a 20.00 horas; os sábados de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.00 horas; e os domingos de 11.00 a 13.30 horas.