Skip to main content
Foz

O PP de Foz di que o Goberno local néganlle á veciñanza “aclaracións sobre o que sucedeu no Entroido”

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

“O PSOE e o BNG néganlle aos veciños de Foz obter máis información e esclarecer o que sucedeu na celebración do Entroido”. Así o entende a concelleira Verónica Soto despois de que “ambas formacións votaran en contra da constitución dunha comisión de seguimento”. É dicir, “o equipo de goberno prefire ocultar e deixar atrás a transparencia”.

De feito, “deixan sen ningún tipo de explicación aos veciños de Foz -especialmente a aqueles vinculados ao Carnaval que nos teñen trasladado as queixas polas cousas que fixo mal o goberno local e outras moitas persoas particulares- que na súa maioría teñen amosado o seu descontento pola situación”.

A popular explica que “xa pasou no ano 2023 e neste 2024 a situación foi moi grave. Non nos gusta esta dinámica e agardamos que non se volva repetir nada nin sequera parecido polo desastre na organización”.

Soto incide en que “o Partido Popular intentou cos medios aos seu alcance pedir información e esixir explicacións ao goberno local, pero non fai máis que poñer obstáculos: pedimos documentación e non se nos deu antes do pleno”. Con todo, “seguiremos demandando explicacións; esixindo responsabilidades, de ser o caso; e pedindo un cambio positivo na estratexia do equipo de goberno en relación ao Entroido”.

O BNG PROTEXE AO PSOE

A popular subliña que “unha vez máis, igual que pasou con outros asuntos, o BNG protexe ao PSOE e, máis concretamente neste caso, a mala xestión do alcalde e da concellería de Cultura”. E engade que: “o BNG vive acomodado no goberno sen esixir nada a quen está mal xestionando os recursos dos focenses”.