Skip to main content
Foz

Amigos dos Cans de Foz organiza a marcha benéfica Perrotón Vila de Foz

Por 9 Marzo, 2024Marzo 10th, 2024Sin comentarios

A Asociación Amigos dos Cans de Foz organiza unha marcha benéfica, o 1º Perrotón Vila de Foz, para o vindeiro domingo 30 de xuño de 2024. Será ás 10.30 horas dende a praza Paseo de Colón.

Para participar será necesario anotarse antes do 6 de xuño e a inscrición inclúe unha camiseta, un pano peludo, e avituallamento.

Para máis información e inscricións haberá que chamar aos teléfono 625 980 595 ou 676 286 211.

Amigos dos Cans de Foz é unha asociación sen animo de lucro, e a súa intención é poder axudar a varias protectoras de animais, en doazóns de penso, pipetas, colares, etc.

Tamén queren dar dar voz aos “seus queridos peludiños e darlles o seu lugar demostrando que tamén existe xente que somos amantes deles e que o que facemos é por e para eles”, din desde o colectivo.