Skip to main content
Lourenzá

O Entroido de Lourenzá será finalmente o 17 de marzo

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

O tradicional e esperado desfile de Entroido ou Domingo de Piñata de Lourenzá, que foi aprazado polas inclemencias meteorolóxicas, xa conta con nova data de celebración.

Así, a data escollida polo Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá é o domingo 17 de marzo.

A inscrición será unicamente no email entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21.00 horas. A organización confirmará a inscrición sendo preciso que se facilite un teléfono de contacto.

Os participantes que xa estaban inscritos non teñen que volver a enviar a folla de inscrición, pero si confirmar a asistencia nesta nova data.

A recollida de dorsais a partir das 15.00 horas do 17 de marzo no recinto feiral e a saída do desfile será ás 16.30 horas.