Skip to main content
Lourenzá

O Vilou Spring Fest, de Lourenzá, será este xoves

Por 25 Marzo, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Vilanova de Lourenzá acollerá un ano máis o seu festival, Vilou Spring Fest, que se celebrará o 28 de marzo, coincidindo coa Semana Santa.

Esta cita musical contará como prato forte coa actuación da Panorama e El Combo Dominicano, pero tamén participarán outras orquestras aínda por confirmar.

Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.

Na edición anterior contaron con dous días de festas e coas actuacións da Panorama, o grupo Beatriz, Conxuro discomóvil e os DJ Billy e Dani Rego.