Skip to main content
Lourenzá

Esta Semana Santa en Lourenzá será a novena concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos

Por 18 Marzo, 2024Marzo 19th, 2024Sin comentarios

Esta Semana Santa en Lourenzá será a novena concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos. Farase o xoves 28 de marzo o de scooters e motos clásicas e o venres 29 o de coches clásicos.

Ambas as xuntanzas darán comezo, nos seus respectivos días, ás 10.00 horas coa reunión na praza do Concello e ás 13.00 horas será a sesión vermú no recinto feiral. Xa ás 14.00 horas farase a entrega de trofeos e un sorteo que dará paso ao xantar.

A inscrición ten un prezo de 1 euro e con ela recibirase un adhesivo e entrarase no sorteo de diferentes premios.

Para máis información sobre motos será necesario chamar aos teléfonos 670 801 034, 689 008 073 ou 606 859 486. Para coches a  660 049 416, 671 214 171 ou 669 452 430.