Skip to main content
Lourenzá

O BNG de Lourenzá di que desapareceu o camiño dende a ponte de Cuñas

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

O BNG de Lourenzá vén de informar que desapareceu o muro no camiño dende a ponte de Cuñas e “apareceu un cargamento de troncos polo que o camiño segue ocupado”.

Segundo os laurentinos “o muro desapareceu e agora está o camiño tapado con madeira de poda ou algo similar”, din, “agardamos que a ocupación sexa temporal”.

Así mentres, os nacionalistas estána agardar unha resposta do Concello pos xa rexistraron un “escrito o día 4 de marzo para saber se había licenzas e permisos e seguimos sen resposta a día de hoxe”.