Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo xa conta co primeiro espeleódromo homologado e certificado en Galicia

Por 12 Marzo, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

Mondoñedo xa conta co primeiro espeleódromo homologado e certificado en Galicia que está situado no pavillón municipal. As instalacións están orientadas á formación e adestramento en TPV.

Un espeleódromo é unha instalación para facer prácticas de técnicas de progresión vertical por corda (TPV en espeleología), tanto desde o punto de vista deportivo como do de rescate. Desta maneira faise posible a simulación das diferentes técnicas que existen para progresar por corda, pero dentro dunha contorna controlada.

A Federación Galega de Espeleoloxía e Canóns pretente que se use esta instalación como práctica dos afeccionados e federados que queiran manterse activos cando non se poden utilizar as covas, pero tamén como prácticas de rescates para bombeiros e técnicos.

Á inauguración asistiron o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, o concelleiro de Deportes Manuel Tapia, corporación municipal, o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia Manolo Cadramón e o presidente e directiva da Federación Galega de Espeleoloxía e Canóns, Gonzalo Villarmea.