Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAOurol

Ugía Pedreira e Catuxa Salom estarán no XII Festival Aturuxo, de Ourol

Por 20 Marzo, 2024Marzo 21st, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos vén de confirmar que a artista focega, Ugía Pedreira, e a pontevedresa, Catuxa Salom, estarán no festival deste ano 2024. Así, a XII edición do Festival Aturuxo será os días 19 e 20 de xullo.

O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é  poñer en valor a  cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.

Este festival conta con entrada e acampada de balde.