Skip to main content
A Pontenova

A Pontenova avanza na ampliación do polígono empresarial

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

A Pontenova avanza na ampliación do polígono empresarial deste Concello cunha nova fase que ocupará unha superficie de 1.531 metros cadrados.

Así, xa foi aprobada a expropiación de 11 terreos e outras tantas parcelas no municipio da Pontenova para acometer a ampliación do polígono industrial.

Todas estas parcelas ocupan unha superficie de 1.531 metros cadrados e o Concello será o encargado de realizar a execución de expropiación dos terreos.

Na actualidade esta área industrial ocupa unha superficie total de 103.662 metros cadrados e dispón de 45 parcelas, todas elas vendidas. Fíxose grazas ao convenio que Xestur e o Concello da Pontenova subscribiron no ano 1992 para a promoción e xestión dunha actuación urbanística co fin de crear solo industrial no municipio.