Skip to main content
Ribadeo

A novena edición do Ribadeo Indiano xa ten data de celebración

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

A novena edición do Ribadeo Indiano terá lugar do 12 ao 14 de xullo. Así o confirmou o alcalde, Daniel Vega. O rexedor dixo que “comeza a conta atrás para a celebración do Ribadeo Indiano 2024, que será a segunda fin de semana do mes de xullo, dos días 12 ao 14”.

Vega indicou que a cita “esperta moito interese e queremos que a xente vaia planificando a súa axenda e facendo as reservas correspondentes nos hoteis e nos restaurantes da nosa vila”. Segundo o alcalde, “o Ribadeo Indiano é a fin de semana máis importante do ano para o sector hostaleiro e da restauración e unhas datas moi importantes tamén para o comercio”.

Deste xeito, a organización botará a andar nuns días. “Concello e Acisa imos iniciar as xuntanzas de traballo para ir pechando pouco a pouco a programación da que gozaremos ao longo desas xornadas e tamén nas vésperas e antevésperas”.