Skip to main content
O Valadouro

O sábado 23 de marzo O Valadouro acollerá unha nova edición do seu Mercado de Primavera

Por 2 Marzo, 2024Marzo 3rd, 2024Sin comentarios

O sábado 23 de marzo o Concello do Valadouro acollerá unha nova edición do seu Mercado de Primavera e que este ano chega a súa décimo oitava edición. Nesta cita ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais.

O mercado adoita celebrarse desde as 10.00 horas e ata as 19.00 horas no aparcadoiro do parque Concepción Arenal, Andrés López, Palmeiro, praza de Santa María, Severino Cociña, avenida de Viveiro, Xistral, José Antonio Ferreiro González, e o aparcadoiro municipal da rúa Xistral.

Dende o Concello aínda non comunicaron as solicitudes de admisión para participar na adxudicación de postos pero recoméndase que tanto os distintos postos (propios ou facilitados polo Concello) como as persoas encargadas dos mesmos estean caracterizados como se se tratase dun mercado dos anos 40 ou 50.

Os homes acudiran ao evento con pantalón de pana, camisa de cadros e chaleco ou camisa lisa e as mulleres farano con saia media longa, escura e blusa con toqueilla