Skip to main content
O Valadouro

Aínda quedan postos dispoñibles para o XVIII Mercado de Primavera do Valadouro

Por 11 Marzo, 2024Marzo 12th, 2024Sin comentarios

Desde o Concello do Valadouro infórmase que aínda quedan dispoñibles postos para o XVIII Mercado de Primavera.

A data máxima para a recepción de postos de mercado é o xoves 14 de marzo ás 20.00 horas e as persoas interesadas en contar cun posto poden conseguir a información a través do teléfono de contacto 982 571 516 de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres laborables.

Esta é unha data das máis importantes do ano no Valadouro e pretende recuperar un mercado que se realizaba na vila a mediados do século pasado e que cada ano conta con máis seguidores.

Celébrase o sábado 23 de marzo e que este ano chega a súa décimo oitava edición. Nesta cita ademais das típicas vendas e degustación dos produtos tradicionais.

O mercado adoita celebrarse no aparcadoiro do parque Concepción Arenal, Andrés López, Palmeiro, praza de Santa María, Severino Cociña, avenida de Viveiro, Xistral, José Antonio Ferreiro González, e o aparcadoiro municipal da rúa Xistral.